Susana Gómez e Sara Vieites, as protagonistas da Gala do Circuito Correndo pola Costa da Morte


Xornada emotiva a do pasado venres no Auditorio de Cee. A Gala Correndo pla Costa da Morte xuntou a todo o atletismo costeiro para celebrar unha nova edición dun Circuito que serve para vertebrar a Costa da Morte a través do deporte.

Cos técnicos municipais de Deportes como grandes “culpables” desta singradura, o presentador Terio Carrera foi dando paso aos premiados, despois de ver o vídeo resumo da III Edición do Circuíto 2016 elaborado pola Asociación Pro Enfermos Mentais APEM.
Houbo ducias de premiados, comezando polos que remataron todas as probas, así como os campións en todas as probas. Entre eles Constante Lorenzo Santos e Montse Solís, os campións absoluto en 10K.
Un dos momentos da noite foi o da entrega por parte dos concellos dun cheque por valor de 4.314 € á Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro, o valor recadado a través do circuito 3K e dos donativos.
Martín Varela dou unha pequena pero espectacular charla, precisamente antes do momento da noite, cando subiron ao estrado as dúas protagonistas da noite. Sara Vieites facía entrega do testigo á nova madriña, unha Susana Gómez que correspondía entregando o dorsal nº 1 permanente a Sara Vieites.

Circuito 2017

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).