Un furacán no mar de Fisterra?


Menudo susto que levaron os veciños de Fisterra na tarde noite do pasado venres. Esta era a estampa que se vía dende Mar de Fóra, e moitos tremeron. Pero segundo nos contan dende 4gotas.com, non era un tornado nin un furacán, trátase dunha manga mariña, manga de auga ou tromba mariña.
Sinalan que “había condicións para a formación deste fenómeno meteorolóxico, pois había “enerxía convectiva abonado coma para formala”.
E se os tornados son un dos fenómenos máis destrutivos da natureza, e son capaces de xerar ventos de ata 500 km/h, puidendo durar horas e percorrer centos de quilómetros; as trombas mariñas non son tan voraces, e nacen dun embudo entre embudo que contén un torbellino sobre o auga e a conecta cunha nube cumuliforme, alcanzando alturas de entre 450 e 900m. Debuxan traxectorias curvas que poden durar ata 15 minutos. Pero non soen entrar en terra.
Novas sobre temporais
- 15-01-15: O Hermann, a primeira borrasca do 2015, deixa refachos de 122 km/h na Costa da Morte.
- 15-12-14: Surfeando o temporal.
- 13-12-14: Superando o primeiro temporal de mar.
- 23-10-14: A do Vilán, a onda máis alta da historia.
- 07-01-14: O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- 2-10-13: O primeiro temporal deixa cifras alarmantes e vellos temores.
- 31-01-13: A Fervenza do Ézaro cun caudal 100 veces por riba do habitual.
- 21-01-13: O temporal Gong deixa a súa pegada con estampas curiosas.
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez Gómez: “Cicloxénese explosiva”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).