Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Dumbría

O Marrolas e o Falso Marrolas, unha historia de película

Unha vez repasada a singradura do As de Sel, a través do proxecto Monte Pindo, Espazos da Memoria, estamos preparados para coñecer de preto o caso concreto do Marrolas, e o devir no Falso Marrolas. Unha historia de vida real, que unida á aventura do Sel, formaría a base para o guión dunha película.

Xa escapamos, a bordo do As co Catelo, e os irmáns Rodríguez Louro. Foi en Bristol onde se separaron os camiños dos 12 fuxidos. Se Joaquín Rod. Louro montou no Winnipeg cara Chile (morrería pronto nunha canteira), Manuel O Marrolas tivo un periplo complexo ata a súa morte no campo de concentración de Gusen.

Cóntanos Xoán Carlos Rodríguez, sobriño do propio Marrolas, que puido estar na batalla de Dunkerke, pois nunha carta escibría que había "máis avións que gaivotas no treito do Ézaro un día de néboa". Tras moitos traballoz forzamos nos campos de concentración nazis, foi gaseado no castelo de Hartheim o 16 de setembro de 1941.

Pero é que se esta historia xa é impresionante, a que acontecía 20 anos despois na vila do Ézaro, dalle aínda un punto máis auténtico. Anos despois da morte do Marrolas aparecía na vila un pobre home que se fixo pasar por Marrolas. Así o entendeu o "pueblo" da vila dumbriesa que exerceu unha presión tremenda sobre a familia, que de súpeto, tivo que meter na casa a un home borracho e violento, que se facía pasar polo histórico e finado familiar... "Que inxusto que o meu tío, no canto de ser lembrado como un heroe, aínda a día de hoxe é recordado como un borracho pendenciero", lamenta Xoan Carlos.

Un conto da vida, absolumente apaixoante.

 

SERIE MONTE PINDO ESPAZOS DA MEMORIA

MÁIS NOVAS

O Marrolas e o Falso Marrolas, unha historia de película