Xa temos peque-finalistas das LCFS Costa da Morte


Xa se completou a primeira fase ligueiras das Ligas Comarcais de Fútbol Sala nas categorías Benxamín e Alevín. Agora toca a gran Fase Final, esa que sempre xunta a centos de peroas nun pavillón costeiro.
De momento non hai datas nin lugar para o desenvolvento, pero xa temos os equipos clasificados para coller o relevo dos Manuela Rial, Muxía e Fisterra, campións do ano pasado.
En Categoría Alevín, é o Fisterra o campión da fase regular sen coñecer a derrota. Con eles, As Baleas, Muxía B e Vimianzo se meterán nas semifinais.
En Benxamín, o campión indiscutible é o Corcubión, con 6 vitorias en 6 partidos. Con el estarán o Fisterra, que só perdeu co líder, o Manuela Riual e As Baleas, que foi o 4º clasificado pero ocupará a praza que cede o Fisober, que xa dixera a comezo de temporada que non xogaría a Fase Final.
As táboas en www.futboldacosta.com
Crónicas das LCFs
- 2014: O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- O Fisterra métese nas 3 finais das LCFS.
- Xa roda o balón nas mixtas LCFs.
- 2013/2014: Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).