xoves. 15.05.2025
El tiempo

75 persoas fórmanse en Carballo co obxectivo da inserción laboral

75 persoas fórmanse en Carballo co obxectivo da inserción laboral
Entrega de Diplomas do Curso de Almacen en Carballo

Parace unha aposta completísima a do Concello de Carballo pola formación en clave de inserción laboral. E así o comprobamos estes días con dous cursos en marcha: o Curso da Bolsa de Traballo Municipal de Mozo de Almacén e Curso de Competencias Clave da Bolsa de Traballo Municipal, nos que participan 75 persoas.

Remata o curso de almacén e comeza o de Competencias

Remataba onte, ca entrega de diplomas o Curso da Bolsa de Traballo Municipal de Mozo de Almacén do que se beneficiaron 25 persoas e no que comezarán as prácticas non laborais en empresas a partir da próxima semana.
Esta acción formativa comezou o 25 de febreiro e acaba de finalizar tralas 140 horas lectivas, das cales a metade son teóricas e outras tantas prácticas en empresas. A partir do 23 de marzo, o alumnado que superou con éxito a formación teórica, poderá comezar a realizar as súas prácticas profesionais non laborais en empresas do sector. Esta acción formativa conta co aval do Instituto Madrileño de Formación (IMF), e foi impartido de forma gratuíta para inscritos e inscritas na Bolsa de Traballo.

Apertura do Curso de Competencias laborais en Carballo

Así, onte tamén arrincaba Curso de Competencias Clave da Bolsa de Traballo Municipal (BDT) do que se beneficiarán 50 persoas (inscritas no BDT) e que vén de principiar hoxe no Fórum Carballo. Esta acción formativa ten como obxectivo axudar aos demandantes de emprego a preparar as competencias en lingua galega e matemáticas e a competencia en lingua castelá.
A actividade está dirixida a todas aquelas persoas que desexen optar aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2, nos que se lles esixe a cualificación académica da ESO (que non posúen). O alumnado estará dividido en dous grupos, un de mañá (en horario de 9.30 a 13.30 horas) e outro de tarde (de 16.00 a 20.00 horas), e cada grupo conta con 25 prazas. Ao finalizar esta formación, o alumnado estará preparado para acudir ás probas que organiza a Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) o 23 de maio en Silleda.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios