Luns. 14.10.2024
El tiempo

P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro

P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro

Xa ten presentado o Concello da Laracha alegacións contra o Parque Eólico Coto Loureiro. A día de hoxe está estudando o impacto do novo proxecto “Carboeiro”, que afecta á parroquia de Erboedo, ademais de zonas de Arteixo e Culleredo.

O proxecto, que se atopa á exposición pública na web da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, prevé instalar 8 aeroxeneradores de 4,5 MW de potencia unitaria, 2 deles no termo municipal da Laracha. Nun deles, os núcleos máis próximos son A Portela e Vilarmaior, e o outro está previsto preto do límite co municipio de Culleredo.
A súa altura é dos elementos a estudar, pois son 164 metros de altura de buxe e 155 de diámetro de rotor, chegando así a unha altura de case 250 metros (como a Torre Foster, un dos 4 rañaceos de Madrid, que pasa por ser o edificio máis alto de España con 49 plantas).

O prazo para presentar alegacións ou observacións é de 30 días, entidades como Petón do Lobo nos deixan aquí unha folla de modelo de alegacións.

Novas relacionadas

Comentarios