sábado. 15.03.2025
El tiempo

Un entroido moi familiar na Laracha

Entroido Laracha 2025
Entroido Laracha 2025
Un entroido moi familiar na Laracha

A Laracha celebrará o Entroido do 2 ao 5 de marzo cunha ampla programación municipal que inclúe propostas para todos os públicos, especialmente para o infantil e familiar.

Do mesmo xeito que en anteriores edición, o evento central será o tradicional Concurso de Disfraces do Martes de Entroido (4 de marzo, festivo local na Laracha). A inscrición estará aberta desde este martes (18 de febreiro) e ata a véspera do evento, é dicir, ata o luns 3 de marzo. Deberá formalizarse cubrindo o formulario que estará dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais municipais, ou ben acudindo á Casa do Concello. O concurso vai dirixido a todos os públicos e repartiranse máis de 3.000 euros en premios. Celebrarase na Praza do Concello (pavillón do IES en caso de condicións climatolóxicas adversas) a partir das 18:30 horas, no descanso da verbena que principiará ás 17:00 h e que estará amenizada pola Orquestra Capitol.

Pero a programación municipal xa comezará o domingo 2 de marzo pola tarde (17:00 a 20:00 horas) coa Festa de Entroido no pavillón do IES Agra de Leborís. Durante a xornada os nenos poderán desfrutar xogando nos inchables e tamén coa presenza dun DJ infantil que proporá coreografías e bailes. Ademais, repartiranse larpeiradas entre todos os rapaces que acudan disfrazados.

Tamén haberá obradoiros de cociña infantil para que os nenos poidan aprender a elaborar filloas de Entroido. As dúas quendas do luns 3 de marzo (10:00 a 12:00 h e 12:00 a 14:00 h) van dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e as do mércores 5 de marzo (no mesmo horario), ao de Educación Primaria. En todos os casos a inscrición ábrese este martes (18 de febreiro) ás 9:00 h e as prazas outorgaranse por orde de chegada.

Ademais, o público infantil e familiar poderá desfrutar de dous espectáculos en directo, ambos na Casa da Cultura da Laracha a partir das 17:30 h, con entrada libre e gratuíta e organizados en colaboración co programa Dinamiz-ARTj do Instituto Para la Transición Justa. O luns 3 de marzo Trécola Producións ofrecerá o seu show de teatro de monicreques titulado Tolitates. E o mércores 5, MeRe Clown chegará á Laracha con A verdadeira historia de Hamelín.

Máis citas o Entroido

Comentarios