Venres. 10.04.2020
El tiempo

Laracha abrirá o seu propio programa de inserción laboral formando 100 persoas en atención sociosanitaria e socorrismo

Laracha abrirá o seu propio programa de inserción laboral formando 100 persoas en atención sociosanitaria e socorrismo

O Concello da Laracha acordou na última Xunta de Goberno, solicitar á Xunta de Galicia unhas axudas para implementar un novo Programa Integrado de Emprego. Van solicitar 250.000€ para un programa que, durante 12 meses, unhas 100 persoas en situación de desemprego serían informadas, orientadas e asesoradas en materia de busca de emprego con entrevistas individualizadas e, a continuación, recibirían formación transversal en diversas materias (entre elas, limpeza en edificios e oficinas, manipulación de alimentos e manexo de carretillas elevadoras) e específica en dúas especialidades diferenciadas, que serían a atención sociosanitaria a persoas en institucións e socorrismo en espazos acuáticos naturais. Dúas especialidades cada vez máis demandadas na zona.

Por último, realizaríanse prácticas profesionais non laborais en empresas. O obxectivo é conseguir unha inserción laboral do 35%.

Novas contratacións

Por unha banda, o Concello da Laracha mostra o seu interese por participar no programa APROL Rural. A proposta consiste na contratación de catro peóns a xornada completa e durante un período de nove meses para formar as cuadrillas medioambientais municipais encargadas do servizo de mantemento e valorización de zonas verdes públicas.
Pretende tamén contratar dous socorristas para prestar servizo durante a próxima temporada de verán na praia de Caión.
O outro programa de emprego é referido á contratación temporal de persoas en situación de risco de exclusión social e perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA). O Concello propón crear, por medio desta liña de axudas, un equipo de mantemento de espazos medio ambientais durante un período de nove meses.

Promoción da Igualdade

O Concello da Laracha tamén pretende acollerse a catro liñas de axudas convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade para a promoción da igualdade. Terían por destino o mantemento de servizos municipais como o Centro de Información ás Mulleres (a subvención centraríase no cofinanciamento dos gastos do persoal deste departamento), o Programa Harmoniza de axuda á conciliación da vida persoal, familiar e laboral (servizo de aula lúdica e de Madrugadores), organización de obradoiros de prevención da violencia de xénero nos centros de ensino e posta en marcha dun programa de intervención de carácter integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero ou que se atopen en situación de vulnerabilidade.

Novas relacionadas

comentarios