O SAT Costa da Morte reflexiona sobre os Patios Inclusivos polo Día da Atención Temperá

O 16 de xuño celébrase o Día da Atención Temperá, un servizo importante e imprescindible para a comunidade, que favorece e ofrece oportunidades para o mellor desenvolvemento dos menores de 0 a 6 anos. Un dos centros da nosa comarca, este servizo está ubicado en Dumbria e Vimianzo, sendo Aspadex a entidade xestora do mesmo.
Un ano máis o SAT Costa da Morte abrirá as súas portas polo día Día da Atención Temperá para dar visibilidade e normalizar este servizo. Fárao a través de actividades dirixidas a crianzas e familias, e que se desenvolverán en contextos naturais.
A primeria das actividades será a segunda saída en familia ao acuario de A Coruña (aquarium Finisterrae) este sábado 7 de xuño. A idea é a de posibilitar momentos distendidos de encontro entre as familias e os nenos e nenas que acoden ó servizo.
O venres 13 de xuño na Escola de Educación Infantil de Carantoña (Vimianzo) realizarase unha xornada de patios inclusivos, onde as familias e os nenos e nenas poderán gozar de actividades ó aire libre, sen pantallas, ca fin de favorecer o desenvolvemento dunha ampla gama de habilidades comunicativas e de interaccións sociais.