Unha nova empresa para o Polígono da Laracha

07:51 30/06/22
Anunciaba antonte SEA a chegada dunha nova empresa ao Polígono da Laracha. Hoxe cóntanos cal el: Trátase de Cabliseña.
A empresa de electricidade e creación de espazos lumínicos mercou unha parcela de 1.200 metros cadrados. A compañía de Paiosaco, que actualmente conta con seis empregados, poderá dispoñer de novas instalacións no polígono industrial, segundo explicaron os responsables da compañía, María do Carmen e José Antonio Señariz Pazos.
Unha demostración do crecemento do parque empresarial larachés, que xa supera o 80% de ocupación e que nos últimos tres anos supuxo a xeración de preto de 400 empregos.
Novas do Polígono da Laracha
- Xuño 22: Outras tres empresas para os Polígonos da Laracha, Muros e Vimianzo.
- Decembro 21: Tubasa merca unha nova parcela no Polígono da Laracha, que ten ocupadas xa o 80% das parcelas.
- Novembro 21: Herminia Pan e Bollería instará un establecimento no Polígono da Laracha.
- Xuño 21: Posta a primeira pedra para a instalación da empresa Unifersa no Polígono da Laracha.
- Avanza o proxecto de ampliación do polígono da Laracha .
- Propoñen ampliar o polígono da Laracha, “unha das zonas industriais con maior potencial da provincia”.