Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE larachés pídelle ao concello que asuman a reforma da estrada local entre A Cachada e Mirón

Estrada na Laracha Concelleira PSOE ALba Toba
O PSOE larachés pídelle ao concello que asuman a reforma da estrada local entre A Cachada e Mirón

A concelleira socialista Alba Toba reclamoulle ao Concello de A Laracha que asuma as obras de mantemento da estrada local entre A Cachada e Mirón cunha nova capa de asfalto nos 1,2 quilómetros de lonxitude. Toba alerta de que o estado “moi deficiente” dunha estrada moi utilizada polos veciños e veciñas poñen en risco a seguridade da vía.

Lembra ademais que foi a “teimosía” do alcalde da localidade e do Grupo do PP o que provocou ter a estrada no estado “lamentable” que padece hoxe, xa que, segundo denuncia, "se negaron a incluíla no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, tal e como pedira o Grupo Socialista en maio de 2021. Subliñou que “daquela rexeitaron a nosa proposta, quedou fóra do POS e agora o Concello ten que asumir unha obra inaprazable”.

Comentarios