Volven as grandes promocións urbanísticas na Laracha coa petición de licenza para un edificio de 19 vivendas
12:13 22/06/21
Dende 2008 non recibía o Concello da Laracha unha petición para unha licenza urbanística destas características. Trátase cun edificio de 19 vivendas, para uso residencial na ría Arxentina da capital municipal.
O proxecto é impulsado por un promotor local, que pretende levantar o inmoble de tres plantas, nunha parcela que presenta unha superficie de máis de 1.100 metros cadrados.
Unha realidade que ratifica o crecemento da poboación da Laracha nos últimos anos.
O Concello “aplaude” esta iniciativa “por consideralas positivas para facilitar que os cidadáns poidan establecer a súa residencia no termo municipal”.