Os 3025km de aventura do cabanés Eloi Fariña no seu SEAT 800
Xa vimos a primeira parte da viaxe a bordo do SEAT 800 atravesando a península unindo dous finisterres como son Fisterra e Tarifa. E tamén queríamos coñecer como foi o treito final, polo que montamos con Eloi Fariña para gozar dunha experiencia histórica.
Partía de Fisterra e collía a Nacional VI para chegar ata Sevilla, para participar nunha emocionante XXIII Concentración Nacional Seat 600 Sevilla. Centos de vehículos históricos xuntáronse e desfilaron na capital andaluza para compartir as historias que hai detrás de cada coidada carrocería, de cada condutor ou condutora. “O pasarrúas fui un espectáculo, as rúas cheas de turistas e sevillanos flipando vendo máis de 100 vehículos históricos”, conta Eloi.
Aínda tivo arrestos, escapando dos perigos das tormentas, de achegarse a Tarifa, de fin da terra a fin da terra, para terminar o obxectivo final, que era atravésar de punta a punta a península ibérica.
Paseniño, comezou a viaxe de volta, dándolle a volta ao contador, pasando de 99999km a 00000km. Toda unha coincidencia.
Volveu, para variar, pola N2 de Portugal, pasando a dormir en Monsaraz, vila medieval ben fermosa, metendo o coche pola pista do aeródromo de Morargil, e gozando do coidadas que teñen as vilas portuguesas, selando por establecimentos, a ruta.
O xoves chegou finalmente á provincia, co coche en perfecto estado, pero el, “algo torcido” de tanto conducir. Porque 3025 km en 10 días (3 deles parado en Sevilla), son bastantes quilómetros. Pero a aventura, quedarálle para sempre.
Galería