Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Garda Civil investiga a un condutor que provocou un accidente en Zas e marchou

A Garda Civil investiga a un condutor que provocou un accidente en Zas e marchou
O condutor que causou un accidente foi atopado na gasolinera de Nanton O condutor que causou un accidente foi atopado na gasolinera de Nanton

O pasado día 30/07/2017, produciuse un accidente de circulación á altura do quilómetro 47,600 da estrada AC-552, no que un turismo saíase da vía pola marxe dereita para evitar a colisión con outro vehículo que circulaba en sentido contrario e invadiu o seu carril. O causante do accidewnte marchaba sen mirar atrás.

Inmediatamente, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil a través da patrulla do Destacamento de Corcubión abre un dispositivo e dúas horas despois, grazas á colaboración cidadá de varias testemuñas, localiza ao condutor do vehículo que provocou o accidente, nunha Estación de Servizo da localidade de Nantón, a uns 5 quilómetros do sinistro.

O condutor da furgoneta que provocara o accidente era un varón de 43 e veciño da zona, e presentaba síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Os axentes pedíronlle que realizase as probas de alcoholemia pero o condutor negouse a soplar.

Deste xeito, o Equipo de Ateigados do Subsector de Tráfico da Garda Civil na Coruña investígao por dous supostos delitos contra a seguridade vial: por conducir un vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas e por negarse a someterse ás proba de alcoholemia legalmente establecidas ao estar implicado nun accidente de circulación.

O feito de conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, ou superar a taxa de 0,60 MGS/L, conleva unha posible pena de prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e en calquera caso, coa privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior dun e ata catro anos.
Negarse a someterse ás probas legalmente establecidas para a comprobación das taxas de alcoholemia e a presenza de drogas toxicas, estupefacientes e sustancias psicotrópicas, coleva ás penas de prisión de seis meses a un ano e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Fonte

  • Garda Civil.

Comentarios