Xoves. 14.11.2019
El tiempo

A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños

A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños
Onte falecía Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños

Esta pasada noite o saber popular bergantiñán perdía unha das súas referencias. Falecía Fermín Calvo, máis coñecido como Fermín da Feiranova, un dos últimos regueifeiros da comarca de Bergantiños. Aos seus 77 anos era probablemente o maior do equipo de artistas que mantén viva a regueifa na Costa da Morte en pleno século XXI.

Cabanés de nacemento pero coristanqués de adopción, levaba máis de 45 as adicado á copla tradicional galega.

Coa súa marcha, o grupo formado foi Guillermo da Rabadeira, Antonio e Suso de Xornes, que veñen de recibir o premio Rosalía de Castro, queda algo coxo. Pero esperemos, que a regueifa non marche con el.

Deixámosvos varias xoias, que quedarán para a historia: Aquí o vemos xunto a outros regueifeiros falando con Farruco no Vivir Galicia:

Aquí queda unha recuperación de regueifas e coplas dende Cabana:

Aquí o deixamos no programa Alalá, dende o 3:20:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios