Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Deputación pon en valor o traballo de inclusión da familia de Íntegro

  • Íntegro solicitou a colaboración da Deputación da Coruña para acometer diferentes obras de reforma interior e mellora das súas instalacións, unha demanda que Mar García comprometeuse a estudar. 
Visita Deputacion a Integro 2
A Deputación pon en valor o traballo de inclusión da familia de Íntegro

Nova visita institucional onte ao Centro de Íntegro en Nantón. A deputada de Politica Social, Mar García Vidal, visitou a sede cabanesa acompañada do presidente da entidade, Adolfo López Baña, da directora do centro, Noelia Barrera, o tesoureiro, Silvestre Couto, e representantes da xunta directiva de Íntegro.

A deputada provincial visitou as instalacións e interesouse polos distintos servizos que ofrecen ás persoas con diversidade funcional, entre eles programas de formación ocupacional, centro de día, servizos de rehabilitación física, fisioterapia e psicoloxía, programas de fomento da autonomía persoal e de ocio e tempo libre, ademáis de contar cun servizo de transporte adaptado.

Visita Deputacion a Integro

Mar García destacou “o excelente labor que desde hai máis de tres décadas desenvolve a entidade a favor da inclusión e a autonomía das persoas con discapacidade das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, un gran traballo que o ano pasado foi merecedor dun dos premios de boas prácticas en servizos sociais que outorga a Deputación”, apuntou.

A deputada sinalou que a colaboración da Deputación con Íntegro permitiu mellorar as súas instalacións, así como manter e mellorar algúns dos servizos esenciais que presta a entidade, como as actividades do centro ocupacional, que foi equipado tamén con fondos provinciais; o centro de día ou servizo de transporte adaptado “fundamental para os usuarios e que conta cunha elevada demanda, dada a ubicación xeográfica do centro, nun entorno de municipios rurais”.

Comentarios