Martes. 23.04.2024
El tiempo

Dombate bate marcas de visitantes

Dombate bate marcas de visitantes
Unha das visitas guiadas en Dombate Unha das visitas guiadas en Dombate

Este xullo foron máis de 4.780 persoas as que visitaban o Dolmen de Dombate. Pero é que durante o mes de agosto foron 7328 en agosto, que fan a mellor marca dos últimos 4 veráns. En 2014 foron 9.705 visitantes nos dous meses de verán; en 2015 chegaron ata os 10.693; en 2016 11.349 e neste 2017 alcanzou a cifra dos 12.106, o que supón un aumento do 25%.

Así nolo contan os guías de Dombate e o Servizo de Seguridade e Vixiancia que corroboran un aumento prograsivo de visitantes ó longo destes anos, que coinciden tamén coa sinatura do convenio coa Deputación da Coruña. Nestes datos tamén se inclúen os visitantes asistentes ás actividades complementarias (visitas teatralizadas, nocturnas, concertos, roteiros…).

Cómpre sinalar que aínda que aumentaron os visitantes, en todo momento se respectou o aforo máximo de 30 visitantes dentro do pavillón de Dombate e se repartiron ó longo das 14 visitas guiadas que se ofertaron todos os días en horario de 11-14 e de 16-20 horas.

O día máis importante foi o 15 de agosto, con 388 vistantes, a cifra máis alta dos últimos anos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios