Falece un home de Borneiro tras volcar o seu tractor

09:29 09/02/18

Un home duns 80 anos anos, natural de Borneiro, falecía esta tarde de xoves 8 de febreiro tras volcar co seu tractor despois de sufrir un accidente cun vehículo. O accidente tiña lugar na estrada que vai de Baio a Cabana, no km.2 da AC-430, no lugar de Fornelos (Zas, moi preto de Cabana), nunha recta sen iluminación, cando o un coche batíao por detrás. O tractor caía na cuneta, volcando completamente.
Cando os equipos de seguridade (Protección Civil, Garda Civil, 061 e Bombeiros) chegaron para excarcelar o corpo, xa falecera.
O condutor do coche, tamén un home maior da zona, quedou ferido.

Accidentes 2018
- 28-01-18: Domingo de accidentes.
- 22-01-18: Falece unha señora 3 días despois do accidente de Berdeogas.
- 19-01-18: Catro feridos tras un forte accidente en Dumbría.
- 12-01-18: Un ferido nun accidente de tráfico en Muxía
- A noite de Reis deixou un accidente en Carnota
Fonte
- Redacción de Óscar de Souto (info@quepasanacosta.com).