O mercado de vehículos na Costa da Morte creceu un 6% no ano 2016
10:53 03/01/17
Instalacións do concesionario Dimolk en Carballo
Non son nada malos os datos de matriculacións deste pasado 2016 na bisbarra. Segundo o balance de Automóbiles Dimolk SL, o mercado de vehículos na Costa da Morte creceu un 6% no ano pasado, a un ritmo, en todo caso, algo menor que nos últimos anos (en 2014 houbo un aumento do 19% polo 15% de 2013).
Así, a subida nas comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas e Muros é lixeiramente inferior á da nivel nacional, onde o mercado total creceu un 11% finalizando con 1.320.089 unidades.
As patronais do sector, Anfac e Faconauto, destacan como causas deste avance no número de matriculaciones “a mellora do clima económico, o esforzo comercial constante de concesionarios e marcas e, a forte actividade turística, que se reflectiu positivamente na canle de alquilador".
Nas comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas e Muros, Costa Oeste da provincia da Coruña, este mercado situouse en 1.867 unidades, fronte ás 1.769 do ano 2015, co cal pechou o ano cun incremento do 6% (a 5 puntos do crecemento nacional).
Por concellos, os tres con maior mercado foron Carballo, Santa Comba e Vimianzo, mentres os que tiveron un mercado máis miúdo foron Corcubión, Laxe e Mazaricos. En termos de crecemento, Dumbría e Vimianzo son os que mellor números presentan, por contra, Corcubión, Camariñas e Muxía son os que máis descenderon.
Esta é a táboa completa de matriculacións:
| Concello | Unidades vendidas | Crecemento % |
| Carballo | 485 | 3% |
| Santa Comba | 165 | 20% |
| Vimianzo | 127 | 32% |
| Muros | 117 | 4% |
| Cee | 102 | - 12% |
| Coristanco | 82 | 6% |
| Camariñas | 91 | -19% |
| Cabana | 70 | 19% |
| Zas | 70 | 3% |
| Fisterra | 67 | 26% |
| Carnota | 66 | 27% |
| Malpica | 65 | 7 |
| Ponteceso | 60 | -12% |
| Dumbría | 59 | 37% |
| Muxía | 54 | -19% |
| Mazaricos | 50 | 19% |
| Laxe | 39 | - 15% |
| Corcubión | 15 | - 32% |
- Peugeot, con 249 unidades e un 13,3% do mercado.
- Volkswagen, con 154 unidades e un 8,25% do mercado.
- Citroen, con 144 unidades e un 7,71% do mercado.
Novas relacionadas
- 2016: Marcos Molk: “Deporte, formación e Carballo. DIMOLK tiña que apoiar o Congreso de Fútbol”.
- A venda de coches na Costa da Morte medrou un 19% en 2014.
- A venda de coches creceu un 15% durante o 2013 na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).