sábado. 09.11.2024
El tiempo

O San Fins do Castro encherase de novos romeiros da comarca en pleno inverno

O San Fins do Castro encherase de novos romeiros da comarca en pleno inverno

Durante a mañá do vindeiro xoves 10 de novembro, o campo do San Fins do Castro volverase a encher, por segunda vez, de novos romeiros da comarca de Bergantiños para celebrar a actividade “Romaría de Inverno en San Fins do Castro” que programou dentro do programa Novembro do Patrimonio o Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana de Bergantiños.

A presente proposta didáctico-etnográfica inclúe un amplo elenco de propostas lúdicas como sete viaxes no Tren do Berro Seco, xogos no campo da romaría, a participación nun magosto e o rescate dos sinais de identidade desta romaría cabanesa.

Á celebración acudirán 319 alumnos e alumnas do CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso, Novo Mencer de Coristanco e Os Remuíños de Cabana. Ademais, tamén concorrerán o CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños e os CPI Cabo da Area de Laxe e As Revoltas de Cabana de Bergantiños xunto co Centro de Día de Cabana de Bergantiños. En total, estarán presentes uns 319 alumnos con 40 profesores e profesoras que en todo momento estarán acompañados por persoal do departamento de Educación e Cultura, ademais da Policía Local e Protección Civil.

As actividades iniciaranse ás 9.40 da mañá cos primeiros percorridos no Tren do Berro Seco e as visitas guiadas á fonte de San Fins. Á medida que cada grupo vaia realizando estas viaxes didácticas guiadas, quédase con campo de San Fins para participar en distintas propostas de xogos tradicionais organizados polo profesorado dos centros. A continuación, tras lavaren as mans, luxosas polos xogos, na fonte participarán nun magosto e nunha merenda.

Ás 12 do mediodía comezarán as actividades didácticas vinculadas cos sinais de identidade do San Fins do Castro. Primeiro, realizarase un repique de campás. Despois, ofertarase un baile educativo coa actuación do Ce Orquestra Pantasma. A continuación, as cantareiras da Asociación O Fol de Neaño cantarán o Himno a San Fins do Castro. Logo, o párroco de Cesullas, don Francisco Domínguez Lobelos, dirixirá para todos os asistentes unha interpretación do Berro Seco. A seguir, o artesán de Baio, Alfredo Souto, de Pirotecnia Souto, poñeralle lume ó Santo de Pólvora. Por último, como fin de festa, o Ce Orquestra Pantasma efectuará o último pase musical.

Toda esta xornada didáctica e lúdica será gravada por reporteiros do programa A Revista da Televisión de Galicia e emitirase en directo nese mesmo día.

Cancélase o magosto deste domingo no centro de maiores debido a un acto electoral

O departamento de Servizos Sociais viuse obrigado a cancelar o magosto que se ía celebrar este próximo domingo 13 de novembro no Centro de Maiores de Neaño debido á celebración dun mitin neste mesmo espazo. A lei outorga prioridade ós actos electorais sobre o resto das actividades programadas nos centros sociais. Non obstante, esta xornada de actividades continuará co baile animado a cargo do dúo Drincipal. O magosto aprázase para o domingo 27 de novembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios