Os resultados das Eleccións en IkiMap


Que mellor para estudiar os resultados dunhas eleccións que un claro IkiMap. Non imos presentar estes mapas ao Concurso de IkiMap no que regalan un iPad2 porque arrasaríamos. I é que coa axuda da empresa santiaguesa Sixtema, creadora desta rede social de mapas "made in Galicia", temos creado 3 mapas cos resultados das Eleccións Municipais 2007, Eleccións Xerais do 2008, e das Eleccións Autonómicas 2009.
Análise dos resultados
Xa podedes bucear e estudiar como foi a evolución do voto nos 3 comicios. Nós xa concluímos unha cousa. Canto máis global é a votación, máis gaña o PP. I é que podemos comprobar como nas Autonómicas do 2009 o PP venceu en 13 dos 15 concellos da Costa.
Pola contra, nas municipais hai moitas máis variantes e o PSOE supera ao PP en gobernantes, ademais de atoparnos 3 concellos onde gobernan coalicións.
Preparando para o día 22
Ademais, o día 22, a partir das 0:00h xa traeremos un ikiMap cos resultados nos 15 concellos da Costa da Morte. Xa saben que QPC traballa a tempo real polo que seremos os primeiros en traer os resultados e faremos un completo seguimento ao longo do día.
Máis información
- quepasanacosta.gal/eleccions.
- IkiMap das Eleccións Municipais 2007.
- IkiMap das Eleccións Xerais do 2008.
- Ikimap das Eleccións Autonómicas 2009.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Mapas desenvoltos por Alejandro Lamas, de Sixtema.