ikiMap regala un iPad 2


Xa lle pegáramos un toque a GoogleMaps de que o señor ikiMap poría en perigo o seu monolopio. I é que a rede social dos mapas "made en Galicia" continúa medrando. A última proposta que nos chega dende a empresa santiaguesa con participación costeira Sixtema é un Concurso co que te podes facer cun iPad 2.
Un concurso que serve para celebrar o primeiro aniversario de ikiMap, o servizo gratuíto para crear e compartir mapas en internet, cumpre un ano de vida. O concurso Map & Win permitirá aos usuarios que publiquen os seus mapas en ikiMap, desde o 7 de abril ó 22 de maio, participar no concurso dun iPad 2.
Votación
Os mapas creados entre esas datas serán valorados segundo a súa orixinalidade, información que aporta, ou acabado estético, por un xurado composto por:
- Jaime Novoa (editor de Genbeta).
- Alejandro Polanco (editor de La Cartoteca)
- Diego Fraga (editor de Bitelia)
- Manuel Gago (editor de Capítulo Cero)
- Alejandro Lamas (CEO de ikiMap)
Máis información do ikiMap, o servizo para compartir mapas dun xeito diferente
ikiMap é un proxecto desenvolvido pola empresa Sixtema, que une os conceptos de mapas e cartografía cos de redes socias, facilitando o traballo de crear, publicar e compartir mapas en Internet.
Durante estes doce meses os máis de 5.000 usuarios rexistrados de ikiMap, crearon cerca de 12.000 mapas a través de esta plataforma, sendo o turismo, medioambiente e transportes as temáticas maioritarias.
Máis información
Novas relacionadas
- A rede social dos mapas "made en Galicia" continúa medrando .
- IkiMap: Que trema Google Maps! .
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte da man de Galinus.
- Corcubión sigue aumentando a súa realidade.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).