Un roteiro pola Vía Céltica para loitar contra os eólicos
07:09 26/05/22
A partir do día 28 de maio, a capela de Sta. Margarida de Baneira queda habilitada para o selado das credenciais das persoas peregrinas que realicen a Vía Céltica.
E para celebralo, o mesmo sábado, ás 10 horas as plataformas en contra dos eólicos organizan un roteiro pola Vía Céltica Xacobea desde a igrexa de San Fiz de Anllóns ata a capela de Sta. Margarida de Baneira (antigamente denominado lugar de Vista Alegre).
A ruta realizarase polo antigo camiño real e rematará no campo de Sta. Margarida con un xantar colectivo. Cada persoa traerá o seu xantar.
Novas relacionadas
- Maio 22: A Vía Céltica pide o recoñecemento oficial da Xunta.
- Decembro 21: A “Vía Céltica” xa é Camiño oficial de peregrinación.
- Setembro 21: Satisfacción na Asociación Costavales ante a boa acollida da presentación da Vía Céltica Xacobea.
- Setembro 21: A Vía Céltica, o Camiño de Santiago que atravesa o altiplano do Xallas.