Un repaso a todos os Entroidos da Costa da Morte


Temos recollido xa as citas claves do Entroido 2015 na www.axendacostadamorte.com. Pero hoxe queremos prender o ON-troido con hermanager humor, e ir repasando todas as citas. Un Entroido no que o fisterrán será un dos concursos máis importantes, pero atentos estaremos aos de Vimianzo, Malpica, Dumbría, Cee ou Carballo, entre outros, e tamén teremos o ollo posto nos tradicionais e divertidos enterros.
Hoxe arrinca a troula co Xoves de Comadres de Corcubión, pero as grandes citas comezan o sábado.
E para que saibamos como vén o tempo, que mellor que o exclusivo parte costeiro dos amigos de 4gotas.com:
O tempo ven revolto para o Entroido. Semella que mellorará a partir do martes. Antes falaremos de días grises e con chuvia e complicados de predecir o momento exacto de chuvia. Visitade o prognóstico da vosa localidade antes de facer algunha actividade ao aire libre porque pode haber cambios neste prognóstico.
O venres xa choverá desde primeira hora con vento forte do suroeste. Desaparecerá a chuvia a media tarde e volverá no mediodía do sábado (entre medias teremos algún chaparrón moi puntual). Choverá toda a tarde do sábado. Na madrugada os chuvascos serán intermitentes e febles e non contamos con chuvia no domingo. Volverían o luns ao mediodía, cesando o martes e mércores.
Non irá o frío destes días pasados e ollo que no mar a situación estará complicada todo o Entroido.
Sábado de festa
Serán moitas as citas do sábado de entroido, onde o gran Entroido de Fisterra terá a súa previa co desfile de comparsas. Pero comezamos o repaso polo Entroido de Corme, con sesión vermú e festa rachada.
A nós tócanos ir de xurado ao Entroido de Vimianzo, que cada ano medra.
Tamén será o día grande no Entroido de Muxía co Concurso de comparsas e disfraces e a paralela Ruta dos Pinchos.
Atentos estaremos ao Entroido carnotán, con grandes citas en Lariño, Lira e a cita sesentera do Pindo emais o entroido entroido de Corcubión.
Por Zas tamén será o baile e concurso
Un domingo de concursos e enterros
Xa o domingo de Entroido terá grandes citas, ao tempo que continúa a ruta dos pinchos muxiá. Será o día grande do Entroido de Carballo, do Entroido de Santa Comba, do Entroido de Ponteceso e do gran Entroido de Dumbría coas Cantareiras de Ardebullo de directores de orquestra.
Ademais, teremos o ollo posto no fantástico Enterro da Caietano do Entroido de Laxe e ao Concurso de comparsas de Muros.
O gran Martes de Entroido
Estaremos tamén de xurado no día D do entroido costeiro: o Concurso de Comparsas do Entroido de Fisterra.
Pero son máis concellos os que centran a actividade no martes, como o Entroido de Cabana, o Entroido de Zas
Tamén toca o Enterro da Sardiña de Carballo e a Festa da filloa e orella de Muxía.
Un mércores de Entroido
Algo soso queda o mércores, que só terá cita no Enterro do Facundo no Entroido de Muros. Unha desas que non se pode perder.
Sábado de Piñata
Quedan citas claves para a segunda fin de semana de entroido. O Sábado de Piñata terá lugar o mítico Vía Crucis de Bares da Mikaela por Buño, unha das grandes festas do entroido bergantiñán.
A nós tócanos ir de xurado ao Entroido de Cee, mentres teremos o ollo no Enterro do Polvo no Entroido de Fisterra.
Ademais, celébrase tamén o Entroido de Baíñas e o Enterro da Sardiña de Lariño.
Queda para o domingo 22 os grandes Enterros do Entroido do Malpica, como o encontro entre Farruco de Malpica e o Faustino de Malpica antes dos seus enterros, ademais dos desfiles dos Madamitos e Ghuadinero por Cerqueda.
Máis novas
- 2014: Repaso de enterros pola Costa no End-Troido.
- A tradición dos Enterros de Entroidos na Costa da Morte.
Entroido 2015
- Fisterra: 6 comparsas farán do Entroido de Fisterra o berce da copla:
- Carballo: Ata Alfredo Brañas se disfraza para o Entroido de Carballo.
- Malpica: Malpica prepara o seu entroido ca Mikaela, o Farruco, o Faustino e os Madamitos.
- Dumbría: Dumbría prepara o seu certame de Comparsas dende Ardebullo.
- Cee: Cee volve centrar o entroido no Sábado de Piñata.
- Muxía: Un entroido de pinchos en Muxía.
- Vimianzo: Vimianzo e Baíñas disfrutarán dun doble e gran entroido.
- Laxe: O Caietano volverá ser o protagonista do entroido de Laxe.
- Santa Comba: Un gran domingo de Entroido en Santa Comba.
- Carnota: a href="/articulo/festas/carnota-tamen-prepara-o-seu-entroido-por-parroquias/20150204062517077397.html">Carnota tamén prepara o seu Entroido por parroquias.
- Muros: As comparsas e o enterro do Facundo centran o Entroido de Muros.
- Ponteceso: Ponteceso e Corme terán unha fin de semana de Entroido de vertixe.
- Zas: Zas volve armar un Entroido de disfraces.
- Camariñas: Camariñas namora aos seus comercios polo Entroido.
- Corcubión: Corcubión mantén vivo o seu Entroido.
- Mazaricos: Mazaricos centra o seu entroido no domingo.
- Coristanco: Coristanco tamén celebra un entroido doce e para os máis peques.
- Cabana: Un Martes de Carnaval de risas e doces en Cabana.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).