A veciñanza de Corcoesto infórmase sobre o parque eólico Alto do Torreiro

Entre a infindade de proxectos eólicos que se nos veñen enriba, un que afecta directamente á zona bergantiñá é o do Alto Torreiro. A Plataforma Bergantiña pola Defensa da Terra quere amosar un pouco de luz a este escuro mundo dos viraventos, e organiza unha xuntanza informativa este sábado 1 de outubro, ás 17:00h, no local social de Cures en Corcoesto, unha das parroquias cabanesas, xunto con Silvarredonda, directamente afectadas.
Esta xuntanza ten como obxectivo informar a veciñanza do estado de tramitación do parque eólico Alto do Torreiro publicado no DOG o 30 de agosto de 2022 , súa afección sobre a veciñanza e o territorio así como asesoramento para presentar alegacións neste período de exposición pública.
A entidade lembra que a Xunta pode incorrer nunha ilegalidade ao fragmentar dous proxectos (Alto Torreiro e Bustelo- Baralláns, que afecta a Cereo e Valenza( que en realidade son un só, que superaría unha potencia de 50MW, polo que debería ser aprobado polo Ministerio de Transición ecolóxica.
MAIS NOVAS SOBRE OS EÓLICOS
- P.E. Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.