Sábado. 10.12.2022
El tiempo

Xa son 5 os Concellos que abandonan a Asociación Neria

Xa son 5 os Concellos que abandonan a Asociación Neria
Neria en concurso de acreedores

Segue a Asociación Neria a súa caída libre. Dos 16 concellos que forman a columna vertebral da entidade, xa son 5 os que anunciaron a súa marcha. Cabana anunciaba onte a súa baixa, sumándose aos concellos de Mazaricos, Corcubión, Malpica e Vimianzo.

En quebra dende 2014, a entidade está abocada ao concurso de acredores. Ademais, a creación e posta en marcha do CMAT parece que será o relevo definitivo da mítica asociación.

Falamos do organismo que leva máis de 25 anos xestionando o sector turístico e os millóns de euros procedentes dos fondos europeos na comarca. Formada por administracións, demostrou que tiña os pés de barro coa millonaria aposta polo Centro de Coñecemento endebedou á entidade ata a quebra.
Con denuncian adxudicacións ilegais enriba da mesa, e mesmo con polémicas no eido persoal do foi o seu Secretario durante anos, a asociación vai perdendo importancia e acabará, con probabilidade, desaparecendo.

Novas relacionadas Fonte

comentarios