3 días de cor no Entroido de Camariñas


Completo chega tamén o Entroido de Camariñas, que se repartirá nos sábado, domingo e martes, e nas viñas da Ponte do Porto, Camelle, e Camariñas.
Festa na Ponte
O sábado, 18 de febreiro, é o día da Festa do Entroido na Ponte do Porto. Haberá Música e inchables para tódalas idades no pavillón de 17:00 a 20:00h.
Festa Infantil en Camelle
Para o domingo, 19 de febreiro tócalle o turno aos máis pequenos, cunha Festa INfantil en Camelle. Disfraces, inchables, animación musical, chocolatada e comida de Entroido na Casa do Alemán de 17:00 a 20:00h.
Gran Concurso de Disfraces en Camariñas
E para o martes, 21de febreiro, a gran festa co Concurso de Disfraces de Entroido, que encherá, a partir das 17:00h, o pavillón municipal de Camariñas. Haberá bailes, inchables, xogos, e música con Eduvia. Ademais as comparsas farán un desfile polas rúas da vila.
Inscrición
Aínda se poden inscribir para o Concurso de Disfraces e comparsas ata o 20 de febreiro no servizo de cultura- biblioteca de 10:00 a 14:00h de 15:30 a 18:30h (teléfono: 981737234 - corrreo: anamartinez.biblioteca@camarinas.net). Hai máis de 800€ en premios.
Outros entroidos da Costa
- Laxe: Caietano será de novo o efímero protagonista do entroido social de Laxe.
- Corcubión: Corcubión non quere perder o seu ácedo entroido.
- Malpica: A Mikaela e o Farruco serán protagonistas do Antroido de Malpica.
- Ponteceso: Ponteceso celebrará un Entroido de Disfraces.
- Muxía: Os pinchos serán, unha vez máis, os protagonistas do entroido muxián.
- Zas: Pequenos e maiores protagonizan o entroido de Zas.
- Carnota: Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota.
- O Pindo: O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido.
- Cee: Cee presenta o seu Entroido.
- Dumbría: Dumbría presenta o entroido máis desexado.
- Fisterra: Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel.
- Vimianzo: Vimianzo tamén quere un entroido de primeira.
Fonte
- Concello de Camariñas.