Xoves. 25.04.2024
El tiempo

400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe

400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe
Presentacion en Fisterra do proxecto O Mar na Escola 2016-Foto-Dario Gomez Presentación en Fisterra do proxecto O Mar na Escola 2016-Foto-Darío Gómez

Moi fans somos do pioneiro programa O Mar na Escola, que permite levar o mundo da vela ás aulas como unha materia máis en horario escolar. Este 2016 amplíanse o programa e aos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbria e Muxía, únese o de Laxe. Polo que serán xa 400 os alumnos que disfrutarán desta sorte de practicar vela e aprender o mar no colexio.

Así o anunciaban onte os promotores, a Escola de Vela Cataventos e o Club Marítimo Carrumeiro, con todos os colaboradores: os concellos os patrocinadores (Ferroatlántica e Cerdeimar no marco da súa Responsabilidade Social Corporativa) e os resposables da Xunta, da Secretaría Xeral para o Deporte, que o incluíu no programa Xogade” baixo o título “Xogando co Vento”.

O proxecto

Este proxecto, que nacía hai 8 anos dende o peirao de Corcubión, é o resultado das inquietudes dalgúns profesores e técnicos deportivos para incluír no currículo de Coñecemento do Medio e de Educación Física unha forma innovadora e próxima. Así, os escolares recibirán formación teórico-práctica en biodiversidade dos mares e océanos, sobre ventos, correntes, mareas, ademais de teoría da navegación a vela e seguridade no mar. Trátase de favorecer un achegamento dos mozos ao mar e á súa contorna a través da práctica do deporte. Poderán aproximarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e a contorna de ríaa, achegarse ao deporte en xeral e en particular á vela lixeira, ademais de aprender as nocións básicas de navegación, sempre nun ambiente lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor.

As sesións prácticas realizaranse nas instalacións do Club Marítimo que corresponda por zona aos centros participantes (Club Marítimo Carrumeiro ou Club Náutico de Camariñas), onde aplicarán os coñecementos adquiridos a través da práctica de diversas actividades como a vela, kayak, voo de cometas e un taller de nós.
O proxecto finalizará en xuño coa entrega de diplomas a cada participante e unha orla ao centro escolar na que aparecerá todo o grupo.

Os centros participantes

  • Concello de Cee: COLEXIO MANUELA RIAL MUZO e CEIP EUGENIO LÓPEZ.
  • Concello de Dumbría: CEIP SANTA EULALIA.
  • Concello de Fisterra: CEIP MAR DE FORA e CEIP AREOUTA.
  • Concello de Corcubión: CEIP PRAIA DE QUENXE.
  • Concello de Muxía: CEIP VIRXE DÁ BARCA, CEIP VILLARMIDE, CEIP OS MUIÑOS e IES RAMON CAAMAÑO.
  • Concello de Camariñas: CEIP PONCHE DO PORTO e CEIP O AREAL .
  • Concello de Laxe: CPI CABO DÁ AREA.

Á presentación, celebrada no Concello de Fisterra, acudiron Carlos Oliete, director da Zona Noroeste de Ferroatlántica; Andrés Cerdeiras, director xeral de Industrias Cerdeimar; José Manuel Marcote, alcalde de Fisterra; Ramón Vigo, alcalde de Cee; Roberto García, xefe do Servizo de Deportes da Secretaría Xeral para ou Deporte; Mª do Carmen Díaz Freire, concejala de Deportes do concello de Cee; Sandra Insua, tenente alcalde do concello de Camariñas; Ricardo Facal, concelleiro de Cultura do concello de Laxe; Manuel Esmorías, concelleiro de Obras do concello de Laxe; César Ferrío, técnico de deportes do concello de Dumbría e Diego Castiñeira, técnico de deportes do concello de Muxía.
Ademais, estiveron presentes Manuel Villaverde, presidente da Federación Galega de Vela; Félix Quintero Álvarez, presidente do Club Marítimo Carrumeiro; José Fernando Carrillo Ugarte, secretario do Club Náutico de Finisterre; Alicia Carrillo Lago, directora da escola do CN de Finisterre e algúns dos directores dos centros escolares participantes. Foi Noemí Bermúdez, de Cataventos, a que explicou os pormenores do proxecto.

Noemi Bermudez explicando o proxecto O Mar na Escola 2016-Foto-Dario Gomez Noemi Bermudez explicando o proxecto O Mar na Escola 2016-Foto-Dario Gomez  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios