A pé ou a cabalo, a natureza manda
Volveu ser a virxindade da nosa terra a protagonista da Costa da Morte. 3 sesións de camiñadas por entornos espectaculares, e unha ruta cabalar tiveron lugar esta fin de semana na nosa bisbarra, convertindo xa o sendeirismo e as saídas naturais nun auténtico “lobby” económico, pois xa son un auténtico revulsivo económico cun potencial infinito.
E as cifras mandan, nunha fin de semana na que o tempo non axudou pero os sendeiristas responderon de igual xeito. O sábado, aínda con sol, 170 persoas participaron na Andaina por Ponteceso, a penúltima do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. Xa o domingo, unhas 60 persoas coñeceron os ríos de Sofán con Senda Nova, mentres foron 310 @s trasn@s que fixeron a 6ª etapa do Camiño dos Faros entre Camariñas a Muxía.
Espectacular Andaina polo litoral de Ponteceso
O ben que o pasan os veciños da bisbarra nas Andainas. Desta volta tocou un sendeiro por Ponteceso, coñecendo as terras de Pondal e disfrutando do marabilloso Esteiro do Anllóns.
Os trasnos seguen armándoa boa
Para lío o que montan os trasnos (no Camiño dos Faros hai tantos trasnos da zona como de fóra) cada etapa. Tocou almorzo no Bar o Xardín, antes de montarse no bus e arrincar ata o comezo da etapa, Camariñas. De aí moitos tesouros, como as praiiñas de Leis ou dos Muíños, verdadeiros tesouros naturais, antes de chegar á Barca.
Ortigarse por Carballo
Pola súa banda, tocaba “ortigarse e espiñarse” polos ríos de Sofán con Senda Nova. 23 km de fieitos, covas, regatos, muíños… un roteiro ten como base o patrimonio ambiental e paisaxístico que emerxe de tres cauces fluviais: Bardoso, Carral e Seixíñas.
A Cabalo por Carnota e Muros
Fantástica a XIV Ruta Cabalar Comarca Muros Carnota. Moi boa acollida a esta proba que tivña saída na área de Lamas do Castelo e que serviu para percorrer puntos simbólicos dos concellos carnotán e muradán, a lombos dos cabalos. A fermosa estampa dos xinetes é recibida con moi bo gusto polos veciños, que saen ao seu encontro polas fiestras das súas casas.
Ademais, unha das partes máis divertidas, a comilona final no pavillón.
Novas relacionadas
- Unha tarde deportiva por solidariedade.
- A natureza rouba os corazóns dos camiñantes costeiros.
- As camiñadas rouban o protagonismo ás verbenas.
- A primavera calza as botas na Costa da Morte.
- Muros tamén se pon a andar.
- Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- En marcha as Andainas 2015.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).