Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A pioneira iniciativa O Mar na Escola pechou o curso pensando no que vén

A pioneira iniciativa O Mar na Escola pechou o curso pensando no que vén
O Mar na Escola 2014 Non deixamos de loubala pioneira iniciativa que leva a cabo Cataventos Escola de Vela na Costa da Morte. Ata o día de hoxe non hai outro lugar en Galicia onde a vela forme parte do programa escolar, no que os alumnos dun centro de ensino navegan en horas de Coñecemento do Medio. Por esa capacidade de achegar o medio do mar ás vidas dos alumnos da zona, non deixamos de alegrarnos sabendo que ten moito futuro. Así o aseguraron todos os que fan posible este proxecto no acto de clausura celebrado onte, que serviu para sentar as bases da edición “O Mar na Escola 2015”. O Salón de plenos do concello de Muxía acollía o acto de clausura do programa “O Mar na Escola 2014”, que reuniu aos representantes da escola de vela Cataventos; aos patrocinadores Ferroatlántica e Cerdeimar Conservas Boia; aos directores dos centros educativos participantes; aos alcalde das localidades implicadas no programa, ao presidente de Portos de Galicia e ao xefe de servizo de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Máis de 250 alumnos probaron o mar

O Mar na Escola con Cataventos 2014

Noemi Bermúdez de Castro, como coordinadora do programa, explicou que nesta edición participaron un total de 254 alumnos desde 2º curso de Educación Primaria a 1ª diso, procedentes dos concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión e Muxía, concello que se incorporou este ano.
”De cara á edición de 2015, o obxectivo é manter a liña actual e intensificar aínda máis, si cabo, a colaboración entre os distintos implicados no programa: organizadores, patrocinadores, concellos, centros, co obxectivo de darlle máis peso e fortaleza”, indicou a coordinadora. “Ademais, trataremos de unificar as sesións prácticas nos centros e mellorar os horarios, na medida do posible”.

10 anos de historia

”O Mar na Escola? iniciou a súa actividade no ano 2004, no CEIP Areal de Camariñas e aos poucos se foron sumando concellos e centros, atraídos por un xeito diferente de achegar aos nenos as materias de Coñecemento do Medio e educación Física, desde un punto de vista próximo, “o obxectivo de introducilos no coidado do mar, o seu conservación e coñecemento, fuxindo dos tópicos que aínda persisten nalgunhas vilas marineras, nas que se considera ao mar como única forma de vida e como un perigo constante para a súa vida cotiá”, segundo explicou Bermúdez de Castro.

O programa está estructurado en dous grandes bloques. O primeiro vira ao redor da Observación da Contorna, e nel trátase do mar, os ventos, as mareas e a costa, ademais de nomenclatura náutica, rumbos e navegación a vela. O segundo, Coidado e Conservación do Medio Ambiente, favorece o achegamento dos alumnos á biodiversidade dos mares e os océanos. Para iso, a escola dispón de persoal especializado e de todos os medios técnicos necesarios, entre os que se contan con barcos escola (con monitor), Topaz (dúas ou tres tripulantes), Óptimist (un tripulante).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios