Venres. 26.04.2024
El tiempo

A visita ó Museo do Alemán terá un custe simbólico de 1€ por visitante, como Man quería

A visita ó Museo do Alemán terá un custe simbólico de 1€ por visitante, como Man quería
Casa do Aleman de Camelle Casa do Aleman de Camelle

1 € que garda unha especial simboloxía, porque iso era o que o propio Man pedía a aqueles que visitaban a súa obra no Porto de Camelle. Por iso, o Concello de Camariñas alégrase, despois dun ano de apertura de balde, da publicación no BOP da modificación da taxa por visitar o Museo do Alemán de Camelle. Así, a visita ó Museo do Alemán terá un custe simbólico de 1€ por visitante, un impulso para consolidación do proxecto.

Concretamente, o 5 de xuño fai un ano da súa apertura e xa van máis de 8.000 visitantes, como nos comenta a responsable Andrea Serodio. Entre eles destacan os galegos por riba de todo, pero sobre todo en verán verán chegan de toda a península, moitos madrileños, a

O Concello aplica así a mesma consideración que se usara para a xestión do Museo do Encaixe, e desmárcase doutras propostas como os 2€ da Torre de Hércules, ou os 10€ da Casa dos Peixes.

Un Museo que ademais está a comezar a facer actividades cos rapaces, e os colexios e asociacións que realizaron obradoiros no Museo queren repetir. Polo de pronto xa poden ir descargando as unidades didácticas para poñer aos pequenos a debuxar e aprender.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios