Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia

A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia
Equipo do IES Pedra da Aguia contra a LOMCE

O IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto (Camariñas) facía pública a súa denuncia ante a Consellería de Educación, a través da Inspección Educativa, que non lles reducisen o horario da mestra especialista en Audición e Linguaxe, despois da comunicación de ter que compartila co centro de Laxe.

Pois xa recibiron resposta no Centro da Inspección Educativa. A Xunta comunicoulles que a mestra de Audición e Linguaxe vai ter que ir 2 días a Laxe no canto de 1. Entende dende a Ponte que se trata dunha “represalia por recorrer aos medios de comunicación para contar a nosa situación e defender os dereitos do noso alumnado”.

E engaden, “se fixemos isto foi porque en ningún momento quixeron atender e escoitar as nosas xustificacións e necesidades. Con esta actitude están amosando o descoñecemento das necesidades específicas dos Centros, xa que con esta medida non solucionan o problema do outro centro e prexudican ao noso”.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios