Al filo de lo imposible caza as ondas da Costa da Morte
Impresionados. Así quedaron os membros do equipo de “Al filo de lo imposible”, que pasaron a fin de semana buscando a gran onda da Costa da Morte. Eran días de temporal de mar, ideal para que o bravo Axi Muniain, unha eminencia mundial na materia, vaian trala “Gran Onda” da Costa da Morte. Xa teñen surfeado Surfeando a onda Mutante practicando Surf Extremo na nosa bisbarra. Desta volta, tocaba percorrer o litoral entre Malpica e Muxía, buscando as ondas máis temerosas con “El cazador de olas”, como se chamará este episodio.
Al Filo de lo Imposible con Axi Muniain na Costa da MorteEstiveron no Playa de Laxe emais nas Eiras de Lires, acompañados pola xente da APTCM, e quedaron namorados do trato recibido, así como dos segredos que manteñen á bisbarra tan auténtica. “El secreto del buen genero es la dedicacion al modo tradicional y taza y media de cariño en la cocina”, aseguraba Axi duranta unha das comidas da fin de semana.
O equipo da TVE, que xa teñen moito mundo percorrido, quedaron literalmente “flipando” ca beleza e o potencial da nosa bisbarra. O trato cercano da xente local fixo as delicias do equipo do mítico programa de televisión, algo que Axi xa sabía que non fallaría. Tiveron tempo ata para facer parte do Camiño dos Faros, e se temos seguro que Axi volverá polas nosas costas, esta xente da TVE seguro que fai por voltar.
O surfeiro vasco Axi Muniain, un namorado da Costa da Morte O Camion de Axi Muniain no Faro Touriñán O camion de Axi Muniain no Faro VilánMentres esperamos á publicación do capítulo costeiro do programa da TVE, deixamos co teaser do documental que Axi grabou na Costa da Morte:
Discovering Galice. Coast Of Death - TEASER from Axi Muniain on Vimeo.
Novas surfeiras
- As mellores promesas do surf galego rubiron as ondas de Razo
- Nemiña terá o seu SurfCamp “made in Costa da Morte”.
- A canteira do surf galego, formándose nas virxes ondas da Costa da Morte.
- As ondas de Nemiña non te esquecen.
- Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
- 31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
- 15-12-14: Surfeando o temporal.
- 05-11-14: Malpica queda sen oficina e presidente da Federación Galega pero fica co surf.
- 09-09-14: As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego.
- 04-11-13: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).