xoves. 07.11.2024
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

Camariñas e Camelle seguen sufrindo os problemas co servizo de pediatría

Centro de Saude de Camelle
Imaxe do Centro de Saúde de Camelle, hoxe sen médico
Camariñas e Camelle seguen sufrindo os problemas co servizo de pediatría

Onte xa se reincorporou a puericultora de Camariñas despois de 10 días de vacacións, nos que o Sergas deixou sen servizo de pediatría ás familias do concello camariñán. As familias, a través das ANPAS Campo da Area do CEIP de Camelle, ANPA Porteña do CEIP de Ponte do Porto e ANPA do CEIP O Areal de Camariñas, están en pleno proceso de mobilización para visibilizar un problema que afecta a todo o rural galego.

Unha situación, ad enon cubrir baixas nun vacacións, que xa é crónica. “Hoxe mesmo o o médico de Camelle vai nunha reunión en Santiago e non o substitúen, sendo o único médico do centro, polo que temos que ir a Camariñas”, explícanos Digna Rodríguez, da ANPA camellá. “Están desmantelando completamente a sanidade pública”, lamenta.

Mentres, no eido político, o BNG local vén de presentar, e enviarlle á ANPA, unha moción para ser debatida polo pleno para que o Concello demande ante o SERGAS que solucione dunha vez por todas o problemas coas baixas do servizo de pediatría no concello. Unha moción na que recollen indignación da veciñanza, reflectida nestes últimos días a través das ANPAS do concello, ante a desatención do SERGAS de este servizo.

Pola contra, do lado da Xunta parece que se sitúa o PP local, que quere trasladar aos veciños a mensaxe de que a” Xunta de Galicia traballa para dar un mellor servicio de Saúde e ten un compromiso firme coa Costa da Morte e con tódolos galeg@s”, aportando estes datos.

Mensaxe da Xunta do Sergas

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios