Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Caballero cre necesaria a mellora do transporte público dos concelllos costeiros

Gonzalo Caballero-Costa da Morte-Camariñas-160321
Gonzalo Caballero onte en Camariñas
Caballero cre necesaria a mellora do transporte público dos concelllos costeiros

Visitaba onte, case de carácter electoral, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a vila de Camariñas. unha visita pola Costa da Morte. Acompañado pola alcaldesa, Sandra Ínsua, da que loubou o seu traballo, e á que grantíu o “pleno apoio” para “levar os proxectos importantes para Camariñas e para toda a bisbarra á mesa de todos os gobernos”.

A nivel local destacou o “proxecto persoal” da alcaldesa para recuperar a antiga lonxa e convertela nun museo, o dos naufraxios, que será “un referente en toda Galicia”.
Insua aproveitou para lembrarlle a necesidade de acometer melloras no paseo marítimo logo dos danos causados polo paso do último temporal, que afectou tamén a algunhas casas da contorna, como lle trasladaba á Demarcación de Costas hai unha semana.

Caballero lembrou a importancia de termos “uns servizos sanitarios de primeira” e de que a comarca teña unhas “mellores infraestruturas e máis frecuencias de transporte público para conectar ben esta bisbarra con Santiago e A Coruña.

comentarios