Luns. 13.07.2020
El tiempo

Camariñas tamén prepara o Camiño dos Faros

Zonas do Camiño dos Faros xa rozadas
Zonas do Camiño dos Faros xa rozadas
Camariñas tamén prepara o Camiño dos Faros

Tralo Concello de Malpica, o seguinte que coñecemos en desbrozar o seu treito do Camiño dos Faros é Camariñas. O Concello comezou os traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros, que se porán a punto para o inicio do verán co obxectivo de manter no mellor estado un dos principais focos de atracción turística do municipio.

Camariñas conta con tres etapas das sete que forman o Camiño dos Faros: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía. Os traballos consistirán no desbroce e limpeza dos camiños, acondicionando a contorna para facelos visibles e accesibles aos usuarios e usuarias.

Ademais, cando rematen os traballos nestes itinerarios, procederase a efectuar a limpeza da Ruta dos Muíños, situada na Ponte do Porto e que durante todo o ano é percorrida constantemente tanto polos veciños e veciñas de Camariñas como polos visitantes.

Novas do Camiño dos Faros

comentarios