Camelle e Arou póñense de gala para a fin de semana do City of Agra
Xa é unha referencia cultural en todo o país, como o meirande programa vinculado cun naufraxio. O do “City of Agra, 126 anos na Memoria” é unha homenaxe aos dezaseis mariñeiros de Camelle e Arou que, arriscando as súas vidas, non dubidaron en saír esa noite ao mar para tentar rescatar ás vítimas con vida. Pero tamén é unha homenaxe a todos os finados nos naufraxios da historia da Costa da Morte.
Así o entende a gran promotora, AC Naufraxios Galegos, satisfeita polo crecememento do evento, que este ano conta, por primeira vez, coa visita dun representante da embaixada da India en España, o Sr K. Aman Chandran, segundo secretario de Prensa, Información e Cultura, que viaxará ata a Costa da Morte para coñecer de preto a historia do naufraxio e a sorte dos tripulantes indios que se atopaban a bordo no momento da traxedia.
Será esta fin de semana, do vernes 7 ao domingo 9 de xullo de 2023, cando historia salgada encha de actividades as dúas vilas camariñás. O programa cultural da fin de semana inclúe, por cuarto ano consecutivo, e como punto máis simbólico, a recreación no poro de Camelle da arribada dos náufragos tras ser rescatados polos mariñeiros da zona. Terá lugar a partir das 22h45 do sábado 8 de xullo.
Un roteiro e un partido
Un roteiro animado que levará aos participantes desde o lugar do fatídico accidente fronte ás praias de Arou ata a igrexa parroquial de Camelle onde se conserva a campá do buque, un mercado mariñeiro, ioga na praia, un partido de fútbol histórico, teatro, sardiñada, concurso de tapas e decoración de fachadas, concertos de música, bailes tradicionais e visitas guiadas á exposición “City of Agra. 126 anos na memoria”, son algunhas das propostas deste evento que celebra xa a súa cuarta edición.
Ademais dun completo programa tamén haberá un partido homenaxe.
Novas relacionadas
- Xa na rede o documental sobre o City of Agra.
- 2023: Camelle acollerá a cuarta edición do maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia.
- Decembro 2022: Camelle volveu fundirse coa historia do City of Agra.
- City of Agra 22: O pobo de Camelle rescatou a súa historia.
- Outubro 21: O pobo de Camelle volcouse co emocionante programa cultural arredor do Naufraxio do City of Agra.
- Inauguración 2021: Camelle dá a benvida á maior conmemoración dos naufraxios galegos polos máis de 124 anos da catástrofe do City of Agra.
- Maio 2019: 122 anos do City of Agra. Camelle recuperou parte da súa historia salgada.
- Miro Villar: Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.