Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O documental "Gnädinger" xa ten material

PresentaciónMemoriaMan
O documental "Gnädinger" xa ten material
Aló por xaneiro anunciabamos a posta en marcha do “Proxecto Man: A Costa da Morte na mirada’.. Despois de varios meses de documentación, a produtora Vizuals Lab, presentaba onte en sociedade a memoria colleitada tras ducias de entrevistas a persoas que coñeceron ou coincidiron co alemán de Camelle.

A presentación foi no Museo de Man, por susposto, e deu conta dos anos de traballo, e de conversas tan especiais como as mantidas con Marisol e Lourdes Baña, netas de Eugenia Heim, alsaciana que acolleu a Man na súa propia familia unha vez este chegou a Camelle. Marisol e Lourdes contaron como foran os primeiros días de Manfred no pobo, como conseguiu a súa primeira vivenda, como era a súa rutina diaria e cal foi o desencadeante para que a súa vida dera un xiro de 360 grados.
Otras entrevistas singulares foron protagonizadas por Vicente Balboa, Lucía Baña, Milagros Casal, Manuel Marcote ou Yolando Muñoz.

O proxecto contou coa inestimable colaboración de Carlos Silvar, artista e amigo de Man que conservaba materiais inéditos, e coas comisarias do Museo, Andrea Serodio e Carmen Hermo

Preparación do documental

A segunda fase deste proxecto consiste na elaboración da peza audiovisual, que terá o título d ‘Gnädinger’.

ovas sobre Man de Camelle

Comentarios