Os Empresarios de Camariñas fan balance de temporada e piden que se poidan subir aos Faros

Rematou a temporada turisttica e o Faro Vilán bota peche ata Semana Santa. Abondo fai a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas para manter aberto, por 10º ano consecutivo o único Faro de toda a Costa da Morte, a comarca dos faros pechados.
E aproveita a entidade para facer balance dos visitantes que se achegaron durante este ano 2022, que foron un total de 16539 persoas.
Así, o perfil máis típico que chega ata o Vilán é unha persoa española (maioritarianente madrileño; pois o 86% foron visitantes nacionais, sendo o 27% procedentes de Galicia e 59% do resto de España) de entre 35 e 65, que viaxa en parella, e por suposto, en coche (apenas un 10% en caravanta).
Adoita pasar de 2 a 4 días na comarca, sobre todo en hotel, pero tamén en piso ou casa alugada.
O 45% comparte as súas experiencias nas redes sociais (un 65% no IG e un 25% en Fb).
Outro dato de interese é que só o 54% utilizan os códigos QR, e apenas un 18% usa as APPs turísticas (Booking ou Tripadvisor).
Sen dúbida, o mellor recordo é a paisaxe e a natureza, por diante dos faros ou a gastronomía.
E o que menos gusta é o clima, moi por diante da falta de limpeza ou o urbanismo (tamén o estado das estradas e o feito de non poder subir aos faros).
Conclusións
Aproveita a entidade para facer unha serie de recomendacións, entre as que destaca a petición, dirixida á Autoridade Portuaria, que se permita subir aos Faros. Aquí van outras:
- Fomentar un turismo de calidade, sen masificación.
- Coidar máis o entorno para que non se deteriore.
- Promoción da ruta “O Camiño dos faros” e máis información de rutas e itinerarios que teñen deseñados nos diferentes concellos.
- Mellorar a rede de estradas e as sinalizacións dos lugares turísticos.
- Información en castelán e en inglés.
- Máis áreas para autocaravanas e máis praias a onde se podan levar os cans.
Novas relacionadas
- Xullo 22: A torreira do Vilán e a Asociación Íntegro recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán.
- Maio 22: O Faro Vilán, o único Faro vivo da Costa da Morte, consegue abrir as portas por 10º ano consecutivoXaneiro 22: A Asociación de Empresarios volve ao Faro Vilán a pesar dos atrancos da Autoridade Portuaria.
- Os empresarios de Camariñas enchen de cultura o Faro Vilán
- O Faro Vilán, o único Faro aberto da Costa da Morte gracias aos Empresarios de Camariñas
- As cifras de visitantes do Faro Vilán demostran o bo pulso do turismo nacional