Indepedientes por Concello Camariñas pregunta polos soldos e dietas dos políticos


Xa comezou a campaña para os “Independientes por Concello Camariñas” (IxCC). E así, os seus voceiros, Francisco Antelo Lema e José M. Olveira, fan un chamamento público ó equipo de goberno socialista, para que "fagan públicos non só os custes de manter os soldos políticos (son oficiais e rexistrados no presuposto) sinon tamén os ingresos por concepto de “dietas” ou “gastos de representación” que o longo de 2013 se abonaron a tódolos concelleiros, sen excepción".
Solicitan información, como veciños, para "apartar de nós calqueira dúbida ou sospeita sobre o concepto de “dietas” e “gastos de representación”, posto que temos coñecemento que en moitos casos, ademáis de cubrir gastos reais dos concelleiros, tamén sirven para “enmascarar” outros “ingresos” que serían unha especie de “sobresoldos” para compensar supostos “recortes” ou perdas de soldos oficiais".
E lembran "as declaracións dunha concelleira socialista que despois de ingresar preto de 9.000 € /ano (só en dietas e comisións) dixo que non lle chegaba nin para “pagar a gasolina”". E bromean: "Non vaia ser que estean a perder diñeiro, e teñamos que recoñecer o seu “altruismo” e dedicación a toda nosa comunidade incluso perdendo cartos do seu bolsillo".
Redución dos soldos
Ademais, propoñen que "os grupos políticos do Concello de Camariñas, expresan as súas opinións sobre a nosa proposta de compromiso para reducción soldo de alcalde, eliminación dos restantes soldos políticos e reducción nun 50% por asistencia a plenos e comisións".
Novas relacionadas
- Os 10 compromisos de Independientes por Concello Camariñas.
- Independientes por Concello Camariñas presentarase ás vindeiras municipais do 2015.
Fonte
- Nota de prensa de “Independentes por Concello Camariñas” (I.C.C.).