domingo. 08.06.2025
El tiempo

Independientes por Concello Camariñas considera ao PP local unha "oposición de fogueo"

Independientes por Concello Camariñas considera ao PP local unha "oposición de fogueo"
IxCC Independientes Concello Camarinas

Así define ICC a Situación política no Concello de Camariñas: "Un equipo de goberno de espaldas a lei e unha oposición de fogueo”.

Con esta contundencia chega á vida municipal o novo grupo político, liderado por Francisco Antelo Lema e José M. Olveira. O Partido Independientes por Concello Camariñas quere denunciar "a situación política tan surrealista que se vive no noso Concello, con un equipo de goberno socialista que sempre está de espaldas a lei e en canto pode non ten inconvinte algún en infrinxir calqueira normativa e legalidade que se poña por diante, e por outra banda unha oposición do Grupo Municipal Popular que agora non ten outra cousa que facer que “notitas de prensa de fogueo” para tratar de limpiar a súa mala conciencia despois de tres anos de absoluta connivencia co equipo de goberno".

Hoxe quere centrar as críticas o grupo no Grupo Municipal do PP, precisamente o grupo do que formaban parte varios dos seus membros antes de formalizarse a creación do novo ICC. Critican as súas “notitas de prensa de fogueo” para dicir que "o Tanatorio Municipal infrinxe a normativa en canto ao número de aparcadoiros ou que o Sr. Valeriano executa obras en contra da resolución de Patrimonio".

"Primeiro deberían explicarnos este Grupo Municipal do PP, como o Sr. Valeriano poido conseguir cambiar unha sentenza firme e sin recurso no caso do Tanatorio Municipal, contando coa axuda inestimable e apoio descarado dunha entidade cuio goberno depende do mesmo partido que o Grupo Municipal popular, ou como por exemplo para aprobación do Plan Xeral do Concello de Camariñas, o equipo de goberno socialista contou no pleno coa abstención dos populares e a rápida aprobación en tempo récord do Plan Xeral pola propia Xunta, tamén dirixida polo mesmo partido do Grupo Municipal. Despois de ver o que acontece coa operación Pokémon, nada nos estrana destos compañerismos políticos".

Nese sentido, sinalan que "se queren falar alto e claro sobre as actuacións irregulares do Sr. Valeriano, o Grupo Municipal do PP só ten que comprobar a configuración dos tribunais para selección de persoal, os contratos de persoal a dedo, os contratos de obras e as sospeitosas adxudicacións sempre as mesmas empresas e os “regaliños” que supostamente haberá de por medio, etc...revisen expedientes, revisen documentacións e despois fagan as oportunas denuncias para ver si ten a ben vir algún día un furgón da Garda Civil de visita polo Concello cunha orde dun xuíz.

E lembran que o PP non falou do “Cartel luminoso” ubicado en pleno Casco Histórico e a dous metros dunha Capela protexida, e onde tamén ao mellor, Patrimonio ten moito que decir. "Convenceulles alguén para non falar do tema no pleno?", pegúntanse dende ICC.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de “Independentes por Concello Camariñas” (I.C.C.).

Comentarios