Venres. 18.06.2021
El tiempo

Mar de Fábula anula a convocatoria da limpeza no Coido do Corno polo mal tempo

Última hora: En función dos pronósticos meteorolóxicos sabemos que non choverá na mañá deste sábado 8 de maio
pero os ventos do sur /sudoeste que traeran unha profunda borrasca na noite dese día vanse sentir xa con
forza pola mañá.
Estos ventos farían incómodo e perigoso o traballo de limpeza no coído do Corno, unha paraxe fermosa e
desolada aberta totalmente ao sur, cando o que se trata é de disfrutar dunha xornada tranquila e relaxada
botando unha man ao mar.
En consecuencia, adiamos esta limpeza para datas máis favorables.
Exif_JPEG_420
Coído do Corno
Mar de Fábula anula a convocatoria da limpeza no Coido do Corno polo mal tempo

Este sábado 8 de maio, ás 11:00h, @s [email protected] medioambientais que queiran unirse á familia de Mar de Fábula, poden achegarse ata o Cabo Vilán para facer unha nova limpeza de lixo plástico da colleita de inverno que o Atlántico tennos devolto en bandexa na entrada da ría de Camariñas. Concretamente no Coido do Corno, preto da zona do Reira.

Esta nova acción ambiental ( cuarta limpeza no coído do Corno), está integrada no proxecto denominado “Augas Limpas na ría de Camariñas“, iniciativa a coordinar, na outra banda da ría, coa Asociación Xuvenil Comarea de Muxía.

Hai prazas limitadas, polas medidas de protección do covid, que se cubrirán por orde de inscripción no correo: [email protected] ou no tlfno: 608609042. Todos debem levar máscaras e luvas de traballo.

Novas relacionadas

comentarios