Mar de Fábula convoca para este domingo unha nova limpeza de plásticos do porto de Camariñas
Este domingo 2 agosto, se queres axudar a limpar de plásticos o porto camariñán, podes achegarte ás 10:30h ao peirao do centro da vila, para botarlle unha man aos comprometidos voluntari@s de Mar de Fábula.
A entidade quere apañar o máximo lixo plástico posible que contamina e afea a ribeira do seu porto, centro neurálxico desta vila mariñeira, lugar de encontro e paseo de veciños e veraneantes. ”A limpeza e saneamento dos lugares comúns, dos lugares que todos compartimos, son a base do respeto mutuo, da dignidade colectiva dun pobo e condición imprescindible para combatir toda sorte de virus”, explica o promotor Xosé Manuel Barros.
A entidade contará, coma sempre, co apoio loxístico do concello de Camariñas, e pide que a xente cumpla as medidas de protección axeitadas: levar máscaras de protección e fixar un límite de prazas, neste caso 20 persoa, que se cubrirán por orde de inscrición no correo: [email protected] ou no tlfno: 608609042. É importante traer botas de goma e luvas de traballo.
Novas relacionadas
- Xullo 2020: O voluntariado de Mar de Fábula recolle 24 sacos de lixo nos coídos de Coenda e no Corno.
- Xuño 2020: Mar de Fábula retoma a actividade medioambientais
- Xosé Manuel Barros: A invasión do coronavirus e das criaturas caóticas.
- Febreiro 2020: O voluntariado de Mar de Fábula e Comarea rescata 38 sacos de lixo do Coído de Touriñán