A Mostra do Encaixe únese á loita contra a Ataxia

A programación da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña incluirá os concertos solidarios do Combo Dominicano e Irma Macías, que estarán en Semana Santa en Camariñas co obxectivo de recadar fondos para a investigación da ataxia, a enfermidade silenciosa da Costa da Morte.
Tanto a orquestra, que actuará na clausura, como a cantante vimiancesa e vocalista de Luar na Lubre, que participará na xornada inaugural acompañada do guitarrista Xaquín Rama, doarán a asociación STOP FA, unha entidade que aglutina a persoas afectadas por esta doenza a nivel nacional, os cartos que paga o Concello pola súa actuación para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade.
Esta iniciativa sae a raíz da petición que María Jesús González Souto, nai dun rapaz con ataxia e integrante de STOP FA, fai á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, para articular algunha vía para recadar fondos para esta asociación que contará ademais cun posto na mostra.
Será así máis musiqueira que nunca a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas, pois xa comprobamos onte que acollerá o concerto de Xabier Díaz.
Novas sobre a Ataxia
Novas relacionadas
- Xabier Díaz porá a nota musical á Mostra de Encaixe.
- O desfile de ‘ArtEncaixe’ apóiase na Olería de Buño para consolidarse na Mostra.
- Camariñas exporta a Mostra a Oviedo como antelasa da gran cita de Semana Santa.
- Damián Álvarez xestionará a pasarela da Mostra do Encaixe para achegala aos grandes eventos de Milán.
- A Mostra do Encaixe 2022 busca voluntari@s.
- A Mostra de Encaixe 2022 xa ten participantes no Concurso de Noveis Deseñadores.
- Mostra 21: Unhas 10.000 persoas comprobaron o valor dos 30 anos da Mostra do Encaixe.