luns. 12.05.2025
El tiempo

É ou non é a ancora do Serpent?

Ancora do Serpent en Muxia
A da esquerda é á ancora da discordia, na fachada muxiá onde foi descuberta
É ou non é a ancora do Serpent?

A polémica sobre a procedencia da áncora atopada nunha casa de Muxía,e que podería pertencer ao HMS Serpent, segue medrando. A posición enfrontada de dúas entidades como a Asociación Naufraxios Galegos e a Real Liga Naval Española continúa deixando mensaxes completamente contraditorios.

A primeira loubábase no novembro pasado do achádego realizado por especialistas da Garda Civil e acollía con alegría a súa instalación na Sala dos Naufraxios do Museo de Man de Camelle.

Un mes despois a Real Liga Naval Española denunciaba que a áncora non pertencía ao mítico buque inglés afundido na punta do Boi no naufraxio máis soado da historia da Costa da Morte.

Ancora do Serpent xa no Museo de Man de camelle
A Áncora xa no Museo de Man de Camelle

A posición da RLNE: NON

Esta semana a polémica volvía a acaparar a atención pública, tras un novo comunicado de Rafael Lema, dando voz á delegación coruñesa da RLNE, no que asegura que “a peritaxe do proceso xudicial “conclúe que a áncora non pode vincularse ao Serpent”. Lema lóubase de ser a “única voz que advertiu do erro” e critica “o clamoroso silencio de historiadores e expertos nacionais”. O seu informe baséase nos “testemuños locais e probas documentais”.

Para Lema debería ser importante ter valorado “as consecuencias sobre unha familia de veteranos mariñeiros que nunca ocultaron nin as pezas nin a orixe”. Lema considera a peza un “anclote, elemento menor; aínda que de procedencia foránea é unha variedade moi presente na nosa frota menor de cabotaxe, pequenos veleiros ou pesqueiros, entre finais do século XIX e mediados do XX”, “sen patente, sen numeración, de fundición de mala calidade. Un material que de ningunha maneira prestaría servizo nunha unidade naval de combate do calibre do Serpent”.

O estudio da RLNE pon o contexto da súa recuperación como principal argumento: “O áncora fai máis de trinta anos foi sacada do fondo do mar a 80 brazas. Hai testemuñas que confirman cando e como foi sacado este ferro leado nos volantes dun pesqueiro de Muxía. Nos anos 80 o pesqueiro de Muxía Irmáns Sambad recolleu o anclote nos volantes a unhas oito millas de cabo Vilán, en mar aberto, nas pedras ao sur de O Crebal. Polo peso da áncora e ao irlle golpeando o casco optou por desprenderse dela traslandándola media milla a unha canle máis profunda onde non molestase a outros volanteros. Nesa zona faenaban arrastreiros e alí enganchouna nos aparellos un pesqueiro da familia que a tiña decorando a fachada da súa casa”.

Naufraxios galegos: “Pode ser”

Anton Lopez arqueologo en Camelle
Antón López en Camelle

Precisamente o estudio de lema sae uns días despois da conferencia que impartiu o arqueólogo subacuático Antón López: “El estudio de las anclas: el ancla de almirantazgo del museo de Camelle”. “López que aportou luz sobre esta peza excepcional e única no mundo, que temos a sorte de ter no noso museo, en Camelle”, explica Fernando Patricio Cortizo. “Á pregunta de se poido ou non estar montada dita áncora de manobra (auxiliar, non principal) a bordo do HMS Serpent? A resposta é SI”, conclúe con rotundidade, aportando “probas de medición, cronolóxicas e de tipoloxía incluídas”. “Despois de peneirar máis de 500 áncoras, despois revisar cantidade de informes durante seis meses de investigación, de consultarlle a numerosos expertos, a profesionais no mar… López di que si puido estar a bordo co Serpent”, sinala Patricio. 
Con todo, é certo que López non pode concluír non pode concluír que é a áncora do Serpent porque non coincide o lugar do naufraxio do Serpent co lugar onde aseguran que foi atopada a áncora.

Máis novas

Comentarios