Novo financiamento provincial para a conversión da Lonxa Vella de Camariñas no Museo dos Naufraxios

Medio millón de euros compromete a Deputación da Coruña para inanciar o proxecto do Concello de Camariñas para a transformación do antigo edificio da Lonxa Vella, que actualmente está baleiro e en estado ruinoso, no Museo dos Naufraxios.
A actuación consistirá na reforma exterior e interior do edificio, que xa é de titularidade municipal. Tras a reforma o Concello acometerá os traballos de musealización do edificio, que tamén contará cunha zona destinada a albergar conferencias ou cursos formativos dirixidos aos traballadores e traballadoras do sector do mar.
Valentín González Formoso destacou que “a riqueza e o patrimonio que alberga o litoral galego en xeral, e a Costa da Morte en particular, merecen dun espazo como este, que o poña en valor, que nos recorde a nosa historia, a recente e a pasada”.