sábado. 03.05.2025
El tiempo

Novos cursos para sacar as probas Celga de galego

Novos cursos para sacar as probas Celga de galego
Cursos Celga de galego

Xa está aberta a nova convocatoria para os Cursos de Lingua Galega preparatorios para superar as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 para particulares (adultos) e colectivos. Varios son os concellos que xa nos informaron, como os de Cee, Camariñas e Vimianzo.

O concello de Vimianzo abre o prazo de preinscrición para a realización dos cursos gratuítos. Aquelas persoas interesadas en realizar o curso preparatorio deberán preinscribirse na Casa da Cultura de Vimianzo ou chamando ao teléfono 981717288. Para a realización do curso será necesaria a participación dun mínimo de 20 inscritos e a data límite para realizar a inscrición é o mércores 23 de xaneiro.

O Concello de Cee é o primeiro en informarnos e apunta que o prazo de preinscrición remata o 23 de xaneiro de 2013, e se pode realizar no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee (2º andar) ou ben chamando ao número de teléfono: 981 745 100.

Fai o propio o Concello de Camariñas, que sinala que a través da Axencia de Desenvolvemento Local, necesita un mínimo de 20 persoas inscritas para poder solicitar os cursos de galego á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello.

Datos e datas

  • Datas de realización do curso concedido: non comezará antes do 11 de marzo e terá que estar rematado antes do 30 de maio. As datas dependerán dos inscritos.
  • Duración do curso: 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día.
  • Datas de realización das probas: 1 de xuño (Celga 4); 2 de xuño (Celga 2); 8 de xuño (Celga 3) e 9 de xuño (Celga 1). O prazo de inscrición nas ditas probas rematará o 3 de abril de 2013.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios