O BNG escoitou ás confrarías da Costa da Morte


Camariñas, Corcubión e Fisterra, dous puntos claves do sector da pesca artesanal da Costa da Morte, e de Galicia, foron os puntos de visita da comitiva do BNG durante a xornada de onte. O responsble de Pesca do BNG no parlamento galego, Daniel Rodas, e a candidata a alcaldía Ilva Carril, mantiveron unha reunión con representantes do sector pesqueiro en Camariñas.
Xa pola tarde, e coa presenza da europarlamentaria do BNG Ana Miranda e o voceiro no Concello Xabier Paz, reuníronse coas xentes do mar, coa presenza do patrón de Corcubión e a secretaria de o Pindo, para explicar a defensa do arte do sector do "xeito" feita polo BNG, e polo sector na Comisión Europea.
E para rematar a visita a Costa da Morte, acudiron a Fisterra, e na compaña do voceiro en Fisterra, Xan Carlos Sar, tiveron unha reunión cos xeiteiros da localidade (10 embarcacións), e coa presenza de vinte mariñeiros.
Participou na primeira cita a patrona maior e o vicepatrón maior primeiro de Camariñas, o patrón maior da Confraría de Camelle e o presidente dos percebeiros, que puideron falar de iniciativas como o criadeiro de bivalbos de Camariñas, que neste momento está totalmente abandonado pola Xunta de Galiza, despois de terse feito unha inversión millonaria. Tamén se tratou sobre a flota da xarda e a defensa que está a facer o BNG na arte do xeito.
Falouse tamén do erro de decidsións obre a pesca xeito, denunciando que "na pesca da sardiña a Xunta de Galiza non asumiu as súas competencias...e vendeu ao sector ao non defendelo”. O voceiro fisterrán asegurou que "preocupábame que os xeiteiros de Fisterra non foran escoitados; queremos que os problemas dos mariñeir@s de Fisterra teñan voz no Parlamento”.

Novas relacionadas
- 01-12-14: Apoio multicolor á pesca de baixura.
- 28-11-14: O BNG pide compromiso aos Concellos coa loita da pesca artesanal.
- 24-11-14: A baixura costeira segue mollándose.
- 19-11-14: A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais.
- 17-11-14: A baixura galega pelexa polo seu futuro en Corcubión.
- 13-11-14: A pesca artesanal pide sardiña.
- 10-11-14: A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión.
- Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito.
- 30-09-14: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
- A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Un berro pola pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).