O PP de Camariñas xa ten cara

A pesar de todas as liortas internas, o PP de Camariñas terá que defender os seus 6 concelleiros na corporación municipal. E o fará finalmente co candidato Mauricio Aufiero, que máis alá de facer autocrítica dedicou a súa presentación a lamentar o “desgoberno local” que entende sofre camariñas.

Así o fixo no acto de presentación da súa candidatura, e acompañado pola vicepresidenta provincial dos populares, Beatriz Mato; Aufiero comprometeuse a instaurar unha "nova forma de facer política" en Camariñas, no caso de saír elixido alcalde o próximo mes de maio. "Non vou prometer cousas que non poida cumprir", subliñou o candidato dos populares, quen si se comprometeu a escoitar a todos os veciños, independientemente da súa ideoloxía, e a traballar "moi duro" desde o primeiro día.

O popular lamentou que o actual goberno local converta Camariñas nun lugar "triste, descoidado e sucio", á vez que defendeu que os veciños merécense un alcalde que se preocupe "verdaderamente polos seus problemas”.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).