Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O BNG escolle as súas cartas para as eleccións en Cee e Coristanco

O BNG escolle as súas cartas para as eleccións en Cee e Coristanco
Serxio Dominguez e Laura Marino dos BNG de Cee e Coristanco

Seguimos descubrindo nomes dos candidatos de cara ás Eleccións Municipais do 24 de maio. Pero ben é certo que algún estaba cantado, como os dous novos candidatos que presenta o BNG despois das súas asembleas abertas.

Por Cee, o BNG ceense, onde se preve unha profunda renovación das listas, que coñeceremos as vindeiras semanas, aprobou por unanimidade a proposta de Serxio Domínguez Louro como candidato a alcaldía de Cee.
Serxio Domínguez naceu e vive en Canosa-Lires no 1975, está casado e é pai de dúas fillas. Milita no Bng dende fai quince anos. No 2008 foi nomeado responsábel local do partido até o 2012. A raiz da moción de censura de Marzo dese ano, pasou a ser portavoz do Bng de Cee, e en Abril do ano seguinte entrou a formar parte da corporación, recuperando así o Bng a representación no concello.
Dende Novembro de 2012 é responsable comarcal na Costa da Morte e membro do consello nacional do Bloque Nacionalista Galego.

Mentres, por Coristanco, Laura Mariño Taibo foi escollida tamén por unanimidade, despois de 3 anos de traballo, e xa cunha longa traxectoria a pesar da súa xuventude, pois ten 31 anos.
Natural de Buxán, Seavia, é licenciada en Filoloxía Galega e tamén en Filoloxía Hispánica, e actualmente desenvolve a súa actividade profesional no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Malia a súa xuventude, desempeñou xa diversas responsabilidades políticas (tanto na organización xuvenil Galiza Nova como no propio BNG), e actualmente é portavoz municipal do BNG en Coristanco dende o ano 2012.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios